2 de set. de 2026

DEPORTES

PIRAGÜISMO

SEIS MEDALLAS PARA OS TEIXUGOS, NA COPA GALEGA EN PADRÓN  


Representación do Club Deportivo Miño-Teixugos na Copa Galega de Slálom
Podio da clasificación por equipos


Informa (fotos e texto): Rosa Fernández Carrera

 O pasado domingo as augas do Ulla ao seu paso por Padrón acolleron unha Copa Galega de Slálom. Deportistas das categorías sénior e júnior dos clubs galegos acudiron a medir as súas forzas.  

 O Club Deportivo Miño-Teixugos acudiu á cita con cinco deportistas.  

 Alba Soutelo gañou tanto en caiac como en canoa sénior feminino.  

  Iván Cruz e Catalina Sánchez conseguiron o bronce en C1 júnior, nas modalidades masculina e feminina respectivamente.

 E dous novos bronces para o club en K1 júnior, para Izan Vicente, en masculino e Beatriz Sánchez, en feminino.  

 Na clasificación por clubs os Teixugos remataron terceiros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario