2 de set. de 2026

A GUARDA

O XVII TORNEO DE CACHIZA REGRESA Á GUARDA COMO UNHA DAS CITAS MÁIS TRADICIONAIS DA FESTA DAS MERCEDES 2026  

A cita deportiva, organizada pola Asociación de Veciños O Percamino, celebrarase este sábado, 5 de setembro, a partir das 16:00 horas, na rúa As Pozas, na Gándara  




Infogauda/A Gándara (A Guarda)

 A programación da Festa das Mercedes 2026 continúa este sábado, 5 de setembro, no concello da Guarda cunha das citas deportivas e tradicionais máis agardadas: o XVII Torneo de Cachiza, que se realizará a partir das 16:00 horas na rúa As Pozas, na Gándara.  

 A actividade - que está organizada pola Asociación de Veciños O Percamino -, alcanza xa a décimo sétima edición deste torneo, consolidado como unha das propostas de carácter popular que forman parte da programación festiva e que contribúen a manter vivas as tradicións.  

 As persoas interesadas en participar poderán facelo por parellas, cunha cota de inscrición de 10 euros por parella. As inscricións permanecerán abertas ata as 15:30 horas do propio sábado, polo que os participantes deberán formalizar a súa inscrición antes do inicio da competición.  

 O torneo contará tamén con premios para as dúas primeiras parellas clasificadas, que recibirán trofeo e unha cea como recoñecemento ao seu resultado na competición.  

 Para obter máis información sobre o torneo ou as inscricións, as persoas interesadas poden contactar cos teléfonos 669 031 798 (Tebi) e 680 340 784 (Roge)

Ningún comentario:

Publicar un comentario