O CONCELLO DA GUARDA INFORMA DO NOVO HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO DO PADRÓN MUNICIPAL
• O novo horario, de 9:00 a 12:00 horas, entrará en vigor este xoves, 1 de outubro, e permitirá optimizar a organización do servizo e ofrecer unha atención máis eficaz e axeitada ás necesidades da veciñanza
Infogauda/A Guarda
O Concello da Guarda informa da adaptación do horario de atención ao público do Servizo do Padrón Municipal, unha medida orientada a mellorar a eficacia do servizo e reforzar a calidade da atención que se presta á cidadanía.
A partir deste xoves, 1 de outubro, o Padrón Municipal atenderá á veciñanza en horario de 9:00 a 12:00 horas, sen necesidade de cita previa.
Esta adaptación responde ao obxectivo do Concello de seguir avanzando cara a unha atención máis áxil, eficiente e próxima, adecuando o funcionamento do servizo ás necesidades actuais e facilitando unha mellor planificación da atención ás persoas usuarias.
Deste xeito, o Concello da Guarda continúa traballando na mellora continua dos servizos municipais, buscando que cada trámite poida realizarse nas mellores condicións e cunha atención de maior calidade.

Ningún comentario:
Publicar un comentario