AS COMUNIDADES DE MONTES DA GUARDA E DE CAMPOSANCOS REGULAN A INSTALACIÓN DE POSTOS DE VENDA AMBULANTE NO DÍA DE SANTA TREGA
Infogauda/A Guarda
As persoas e empresas interesadas en instalar postos de venda ambulante o próximo 23 de setembro deberán contar coa autorización da Comunidade correspondente. As tarifas serán de 50 euros por metro lineal para postos de alimentación e bebidas e de 75 euros por metro para aqueles que inclúan bebidas alcohólicas destiladas.
As Comunidades de Montes da Guarda e de Camposancos informan das condicións para a instalación de postos de venda ambulante durante a celebración da Romaría de Santa Trega, o próximo 23 de setembro, nos terreos comunais do Monte Santa Trega.
Con vistas á celebración deste ano, as tarifas para a ocupación dos terreos comunais serán de 50 euros por metro lineal para os postos de alimentación e bebidas e de 75 euros por metro lineal para aqueles que inclúan a venda de bebidas destiladas.
A regulación da actividade responde tamén á necesidade de evitar situacións como as rexistradas na pasada edición, cando se instalaron postos de venda ambulante en terreos comunais sen contar coa pertinente autorización das entidades propietarias. Deste xeito, as s Comunidades de Montes da Guarda e de Camposancos consideran necesario establecer unhas condicións coñecidas e transparentes para todas as persoas interesadas e compatibilizar a actividade comercial coa celebración da romaría.
As devanditas Comunidades de Montes lembran así mesmo que a autorización para a ocupación do terreo comunal é independente dos permisos, declaracións responsables ou demais requisitos administrativos necesarios para exercer a actividade, que deberán ser tramitados polos responsables de cada posto ante as administracións competentes.
As persoas, profesionais ou empresas interesadas en instalar un posto de venda ambulante durante a xornada deberán contactar previamente coas Comunidades de Montes a través do enderezo montesdaguarda@gmail.com para solicitar a autorización e concretar a localización disponible, non estando permitida a instalación de postos en terreos comunais sen autorización da Comunidade titular.
O prego de condicións para a venda ambulante pode ser consultado en:
https://drive.google.com/file/d/1gxXEhI4m2_dfBc18E2MQwHI9GeKgOH_k/view

Ningún comentario:
Publicar un comentario