6 de ago. de 2026

O ROSAL

A Deputación destina máis de 20.000 euros ao Concello do Rosal para a segunda fase da renovación do parque de Pías 

•  Trátanse de recursos do Plan +Provincia que este ano destina ao concello preto de 1,15 millóns de euros ao sumar 670.000 euros do 2026 e o adianto de 470.000 da liña de investimentos do 2027 

Infogauda/O Rosal

 A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar unha achega por valor de máis de 20.000 euros para que o Concello do Rosal financie ao 100% a segunda fase da renovación dun dos parques da Área Recreativa de Pías. Trátanse de recursos do Plan +Provincia que este ano destina ao concello preto de 980.000 euros ao sumar 575.000 euros do 2026 e o adianto de 470.000 da liña de investimentos do 2027.  

 A intervención abrangue a retirada do equipamento actual, a mellora do pavimento amortecedor e a instalación de novos elementos de xogo de carácter inclusivo. En concreto, un dos obxectivos principais é solucionar a actual falta de instalacións de xogo específicas para ideades temperás, é dicir, de 0 a 9 anos. Ademais, é necesario acondicionar o terreo para acadar os espesores de seguridade esixidos antes caídas.   

 En concreto, retiraranse de maneira manual e controlada os xogos existentes (randeeira biplaza, tobogán, resorte e balancín) e do mobiliario urbano (1 banco e 3 papeleiras). Ademais, colocarase en toda a superficie unha malla antivexetación sintética fixada ao terreo e, sobre ela, aportarase area de sílice lavada ata acadar un espesor homoxéneo. Por último, procederase á instalación de novos xogos ancorados mediante zapatas de formigón, destacando: unha casiña de estimulación temperá inclusiva (0 a 6 anos), un conxunto lúdico de casiña elevada con tobogán, fabricado en madeira tratada en autoclave nivel IV (0 a 6 anos), e unha miniescavadora articulada (360º) para areeiros, que lle dá un uso interactivo ao propio pavimento de area de sílice do parque (3 a 9 anos).

Ningún comentario:

Publicar un comentario