O CONCELLO DA GUARDA INSISTE NO USO RESPONSABLE DA AUGA TRAS A DECLARACIÓN DO NIVEL DE PREALERTA POR ESCASEZA NA CONCA DO MIÑO SIL
• As escasas precipitacións e a diminución dos caudais fan imprescindible reducir o consumo e destinar a auga da traída unicamente ás necesidades básicas
Infogauda/A Guarda
O goberno municipal de A Guarda fixo público no día de hoxe, xoves, 7 de agosto de 2026, a seguinte nota, que transcribimos literalmente:
"O Concello da Guarda vén de recibir unha nova comunicación por parte da Confederación Hidrográfica do Miño Sil, O.A., na que se informa da declaración do escenario de prealer ta (nivel amarelo) por escaseza conxuntural en varias zonas da demarcación hidrográfica, entre elas o Miño Baixo.
Segundo os datos achegados pola Confederación, as precipitacións rexistradas durante o mes de xullo continuaron sendo moi reducidas, con apen as 9 litros por metro cadrado. Entre os meses de marzo e xullo acumuláronse 180 litros por metro cadrado, unha cifra que representa aproximadamente un 50 % menos do habitual para este período do ano. Ademais, os caudais circulantes polos ríos situábanse a finais de xullo nun 45 % por debaixo dos valores normais, mentres que as previsións para o mes de agosto apuntan a que esta tendencia de escaseza continuará.
Á vista desta situación, a Oficina Técnica da Seca acordou, na reunión celebrada o pasado 3 de a gosto, declarar o escenario de prealerta por escaseza conxuntural nas zonas do Miño Alto, Miño Baixo, Cabe, Sil Inferior e Limia.
Ante este comunicado, o Concello da Guarda fai un novo chamamento á colaboración da veciñanza para realizar un consumo respo nsable da auga da traída.
Neste sentido, insístese en que a auga da rede municipal debe destinarse unicamente a usos prioritarios, como a hixiene persoal, a preparación de alimentos e outras necesidades básicas e esenciais. Continúa, ademais, prohibido em pregar a auga da traída para usos non prioritarios, como o enchido de piscinas, a rega de xardíns e zonas verdes, a limpeza de vehículos, patios ou terrazas ou calquera outro uso prescindible.
O ente municipal agradece o esforzo das veciñas e veciños e ap ela á responsabilidade colectiva para garantir o abastecemento de auga á poboación. Un uso racional deste recurso resulta fundamental para preservar as reservas dispoñibles e evitar que sexa recurso resulta fundamental para preservar as reservas dispoñibles e evitar que sexa necesario adoptar medidas máis restritivas nas vindeiras semanas.necesario adoptar medidas máis restritivas nas vindeiras semanas".

Ningún comentario:
Publicar un comentario