Érguete Baixo Miño abre inscricións para un Curso de Ximnasia de mantemento en A Guarda
Infogauda/A Guarda
A Asociación Érguete Baixo Miño abre o prazo de inscrición para participar nun Curso de Ximnasia de Mantemento dirixido preferentemente a persoas maiores de 50 anos, dentro do programa Provincia Activa 2026 da Deputación de Pontevedra. As clases desenvolveranse do 5 de outubro ao 16 de decembro na sede da asociación, cun máximo de 15 prazas.
O curso ten como obxectivo axudar ás persoas participantes a manter o corpo en forma, mellorar a coordinación motriz, corrixir a postura e gañar flexibilidade e forza. As sesións terán lugar os luns e mércores, de 18:30 a 20:00 h, e terán preferencia as persoas socias da asociación; as prazas restantes asignaranse por orde de inscrición.
DATOS DA ACTIVIDADE
Datas: 5 de outubro – 16 de decembro de 2026
Horario: Luns e mércores, 18:30 – 20:00 h (30 h. totais)
Lugar: Asociación Érguete Baixo Miño – Rúa Colón, 14 (Edif. O Pescador, 1º piso) de A Guarda
Prezo: 7 € por persoa
Prazas: 15, con preferencia para persoas socias
Inscrición: Até o 15 de setembro, por WhatsApp (640 08 63 76) ou correo (info@erguete.org) ou no local da entidade indicando nome e apelidos, NIF/DNI, data de nacemento e teléfono
Érguete Baixo Miño é unha Asociación sen ánimo de lucro dedicada á prevención das condutas aditivas e á educación e promoción da saúde na Comarca do Baixo Miño.
Máis información en:
Érguete Baixo Miño
Teléfonos 986 61 44 07 / 640 08 63 76
Correo electrónico: info@erguete.org

Ningún comentario:
Publicar un comentario