5 de ago. de 2026

A GUARDA

O CONCELLO DA GUARDA PROHIBE TEMPORALMENTE O BAÑO NA PRAIA DA ARMONA E O MUÍÑO POR CONTAMINACIÓN MICROBIOLÓXICA 

 A medida permanecerá vixente ata que a contraanálise confirme que a calidade da auga volve cumprir cos parámetros sanitarios establecidos para garantir un baño seguro 




Infogauda/A Guarda

 Na mañá deste mércores, 5 de agosto de 2026, recibimos na Redacción deste xornal dixital transfronteirizo a seguinte nota de prensa, cuxo contido (cabeceira, subtítulo, e corpo da nova), transcribimos literalmente:

 "O Concello da Guarda informa da prohibición temporal do baño na praia da Armona e O Muíño tras recibir unha comunicación da Consellería de Sanidade na que se indica que a última mo stra de auga recollida nestes areais presenta unha contaminación microbiolóxica que supera os límites establecidos para autorizar o baño. 

 Ante esta situación, e co obxectivo de garantir a seguridade e a saúde das persoas usuarias, o ente municipal procede u á prohibición do baño nestas praias, medida que xa está en vigor dende hoxe, 5 de agosto, e ata novo aviso. 

 A restrición manterase ata que se coñezan os resultados da contraanálise e se confirme que a calidade da auga volve situarse dentro dos parámetro s permitidos pola normativa vixente, permitindo así o baño en condicións de seguridade. 

 O Concello da Guarda informará da evolución desta situación e comunicará o levantamento da prohibición tan pronto como a Consellería de Sanidade confirme que a calida de da auga é apta para o baño".

Ningún comentario:

Publicar un comentario