3 de ago. de 2026

A GUARDA

A praza de San Bieito acollerá unha Festa da Espuma e Xogos Populares o vindeiro sábado, entre ás 17:00 e ás 21:00 horas 

  A Comisión de Festas do Monte Santa Trega organiza esta actividade, coa colaboración da Xunta de Galicia, da Deputación de Pontevedra e do Concello da Guarda




Infogauda/A Guarda

 A Comisión de Festas do Monte Santa Trega, coa colaboración da Xunta de Galicia, da Deputación de Pontevedra e do Concello da Guarda, organiza para o vindeiro sábado, 8 de agosto, unha tarde dedicada ao lecer e á diversión coa celebración dunha Festa da Espuma e Xogos Populares.  

 A actividade desenvolverase na praza de San Bieito, en horario de 17:00 a 21:00 horas, e está pensada para ofrecer unha alternativa de ocio destinada a persoas de todas as idades, con especial protagonismo para o público infantil e familiar.

 Durante a xornada, os asistentes poderán gozar da tradicional Festa da Espuma, unha das propostas máis agardadas do verán, así como participar en diferentes xogos populares que fomentan a convivencia, a participación e a recuperación das tradicións lúdicas.  

 Desde a organización animan á veciñanza e aos visitantes a achegarse á praza de San Bieito para compartir unha tarde festiva nun ambiente de diversión, convertendo esta cita nun dos actos destacados da programación das festas do Monte Santa Trega.

Ningún comentario:

Publicar un comentario