14 de xul. de 2026

VIGO

CIG-Industria concentrarase diante do estaleiro Armón en Vigo 

 Este mércores, 15 de xullo, ás 15:00 horas, na avenida de Beiramar, 6


Infogauda/Vigo

 A CIG-Industria desenvolverá unha concentración ás portas do estaleiro vigués para denunciar que a dirección está a incumprir a xornada continuada de verán no mes de xullo pactada no convenio colectivo para paliar o estrés térmico do cadro de persoal. 

 A central tivo coñecemento de que se está a presionar as persoas traballadoras coa intención de non cumprir este acordo mínimo do convenio, poñendo os intereses da empresa por riba da saúde laboral.

Ningún comentario:

Publicar un comentario