7 de xul. de 2026

DEPORTES

O Club Balonmán Atlético Guardés convoca unha Asemblea Xeral Extraordinaria 

•  O vindeiro venres, 10 de xullo de 2026, no Pavillón da Sangriña

Infogauda/A Guarda

 O Club Balonmán Atlético Guardés convoca a todos os seus socios e abonados á Asemblea Xeral Extraordinaria, que terá lugar o vindeiro venres, 10 de xullo de 2026, no Pavillón da Sangriña.

 A reunión celebrarase ás 19:30 horas en primeira convocatoria e ás 20:00 horas en segunda convocatoria.  

A orde do día incluirá os seguintes puntos:  

1. Nomeamento da nova Xunta Directiva. 

2. Rogos e preguntas.

 Desde o Club Balonmán Atlético Guardés faise un chamamento á participación de todos os socios e abonados, dada a importancia dos asuntos que se abordarán nesta asemblea, especialmente o relativo á designación da nova Xunta Directiva, que marcará o rumbo da entidade nos vindeiros anos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario