O Rosal acollerá os días 25 e 26 de xullo a sétima edición do seu Torneo de Fútbol 7
Infogauda/O Rosal
O Campo Municipal de Fútbol A Mata volverá converterse nun dos grandes puntos de encontro do deporte estival coa celebración da VII Edición do Torneo de Fútbol 7 de O Rosal, que terá lugar os vindeiros 25 e 26 de xullo.
Durante dúas xornadas, os equipos participantes competirán nun evento que combina fútbol, deportividade, convivencia e un excelente ambiente, consolidándose como unha das citas deportivas máis agardadas do verán na comarca.
O torneo contará con premios en metálico para os tres primeiros equipos clasificados, ademais de galardóns individuais para o mellor xogador e o mellor porteiro da competición. Os encontros disputaranse entre a tarde do sábado e a xornada do domingo.
A participación está aberta a persoas a partir dos 14 anos, sendo necesaria a correspondente autorización no caso das persoas menores de idade.
Ademais da competición deportiva, o evento ofrecerá música e un ambiente festivo pensado para que participantes e afección gocen dunha fin de semana de deporte e lecer.
A organización anima a todas as persoas afeccionadas ao fútbol a formar o seu equipo e participar nesta nova edición do torneo, que ano tras ano continúa medrando en participación e seguimento.

Ningún comentario:
Publicar un comentario