27 de xul. de 2026

DEPORTES

 ATLETISMO

A GUARDA ESTREA A I MILLA URBANA DAS FESTAS DO MONTE, UNHA NOVA CITA DEPORTIVA INTEGRADA NA PROGRAMACIÓN FESTIVA 

 A proba deportiva terá lugar o luns 3 de agosto, ás 17:00 horas, con saída e meta na Alameda 

 As persoas interesadas en participar poden inscribirse, ata as 23:59 horas do 31 de xullo, en: https://gl.deporticket.com/web evento/13629 i milla urbana das festas do monte 



Redacción Deportes/A Guarda

 O vindeiro luns, 3 de agosto, ás 17:00 horas, A Guarda acollerá a celebración da I Milla Urbana das Festas do Monte, unha nova proba atlética que nace coa vocación de converterse nun referente deportivo dentro das tradicionais Festas do Monte Santa Trega. 

 A competición disputarase sobre a distancia clásica da milla (1.609 metros), nun circuíto urbano que percorrerá algunhas das principais rúas da vila, con saída e meta na Alameda. A proba servirá, ademais, como unha magnífica antesala dunha das citas máis emblemáticas do calendario guardés: a tradicional subida ao Monte Santa Trega, integrando deporte, convivencia e tradición nun mesmo evento. 

 A carreira está aberta a participantes de todas as idades, con categorías adaptadas desde os máis pequenos ata atletas sénior e veteráns, fomentando así a práctica deportiva e a participación de toda a veciñanza. Os máis pequenos poderán gozar de carreiras adaptadas ás súas idades, con percorridos de 100, 300 e 800 metros, mentres que as categorías absolutas competirán sobre a distancia da milla. 

 Para maior comodidade das persoas participantes, a organización habilitará servizo de duchas nas instalacións do IES A Sangriña ao remate da competición. 

 As inscricións permanecerán abertas ata o 31 de xullo ás 23:59 horas, podendo formalizarse a través da plataforma de Cronotec en: https://gl.deporticket.com/web evento/13629 i milla urbana das festas do monte 

 O prezo da inscrición será de 3 euros para a categoría Elite e de 2 euros para o resto das categorías. 

 Coa posta en marcha da I Milla Urbana das Festas do Monte, A Guarda reforza a súa aposta pola promoción da actividade física e a dinamización das súas festas tradicionais median te iniciativas que unen deporte e turismo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario