10 de xul. de 2026

A GUARDA

O Festival de Blues da Guarda encherá de ritmo a praza do Reló 

  O vindeiro sábado, 18 de xullo  



Infogauda/A Guarda

 A Guarda volverá converterse nun punto de encontro para os amantes do blues o próximo 18 de xullo coa celebración dunha nova edición do Festival de Blues A Guarda, unha cita xa consolidada dentro da programación cultural do verán guardés.

 O festival, de acceso libre, reunirá na praza do Reló artistas nacionais e internacionais nunha intensa xornada de música en directo que se desenvolverá en sesión vermú e sesión de noite.  

 A programación arrancará ás 12:30 horas coa actuación de Mr. Wolf & The Blues Freaks, seguida do concerto de Jay Doe & Blues Preachers, ofrecendo ao público unha primeira toma de contacto co mellor blues en pleno corazón da vila.

 Xa pola noite, a partir das 21:00 horas, será a quenda do músico Juan Zelada e da cantante Giselle Jackson, dous nomes destacados que achegarán diferentes matices e influencias ao escenario do festival. A xornada rematará coa sesión de DJ Maeso, que pechará o evento cunha selección musical en formato vinilo.  

 O Festival de Blues da Guarda continúa así apostando por unha programación de calidade, contribuíndo a reforzar a oferta cultural estival do municipio e consolidando A Guarda como un referente para a música en directo durante o verán.

Ningún comentario:

Publicar un comentario