Sete novas contratacións en Tomiño para fomentar o emprego rural a través do programa Galicia Suma Talento
Infogauda/Tomiño
Perfil e número de persoas desempregadas a contratar polo Concello de Tomiño: as persoas candidatas deben ser con carácter xeral persoas empadroadas en Tomiño, desempregadas, inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e que estean dispoñibles para o emprego, tanto no momento da sondaxe como no da contratación.
Así mesmo, as persoas traballadoras con contrato por tempo indefinido fixo descontinuo, inscritas como demandantes de emprego tamén poderán ser contratadas, sempre que a súa contratación resulte posible en función da duración do contrato subvencionado e do contrato fixo descontinuo que teñan subscrito, así como da duración do período de non actividade.
Por último, as persoas que fosen contratadas no programa Aprol Rural (TR351G), por un período igual ou superior a nove meses no ano 2025, non poderán ser contratadas nesta convocatoria.
A xornada en tódolos casos será completa (100%).
Os perfís previstos para as 7 contratacións son os que se indican a continuación:
5 Peóns forestais. (95431028) (80 Peóns)
1 Enxeñeiro/a Técnico/a Forestal (24251011) (00 Técnico) *
1 Enxeñeiro/a Técnico/a Forestal Coordinador (24251011) (00 Técnico)*
(*) Coa debida autorización da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, no caso de que non haxa persoas candidatas coa titulación de Enxeñaría técnica forestal ou Grao en Enxeñaría Forestal, sondaríase persoas candidatas con Licenciatura ou grao en Enxeñaría Agrónoma ou Ciencias Ambientais.
Para ser admitido nos devanditos procesos de selección, os candidatos para os postos de Enxeñeiro/a Técnico/a Forestal e Coordinador deben posuír como mínimo o carné de conducir B en vigor, pois en caso de ser seleccionados estes traballadores deben desprazarse a diferentes puntos do Concello de Tomiño para realizar os seus labores; no caso os Peóns forestais será obxeto de valoración posuir o devandito carné, pero non é requisito.
Terán preferencia as persoas que teñan prevista a realización deste tipo de medidas no seu itinerario de inserción laboral e, en todo caso, os colectivos con especiais dificultades de inserción laboral, tales como:
• As persoas que teñan prevista a realización deste tipo de medidas no seu itinerario de inserción laboral. (0,3 puntos) (Acredítase co documento asinado do itinerario)
• Persoas desempregadas que participasen en obradoiros de emprego; programas integrados de emprego, programas mixtos de formación e emprego ou accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas traballadoras desempregadas (AFD), relacionadas co eido forestal, conservación e mellora de montes, silvicultura, agricultura, gandaría e xardinaría.
• Persoas integrantes de colectivos desfavorecidos ou en risco de exclusión social, especialmente as persoas beneficiarias da renda de integración social de Galicia.
• Mulleres, en especial aquelas que acrediten a condición de vítimas de violencia de xénero, de trata de seres humanos ou de explotación sexual.
• Menores de 30 anos, en especial as persoas demandantes do primeiro emprego ou aquelas sen cualificación profesional.
• Persoas paradas de longa duración.
• Persoas con discapacidade.
• Persoas desempregadas que esgotasen as prestacións e subsidios por desemprego a que tivesen dereito.
• Persoas desempregadas maiores de 45 anos. Persoas trans.
• Persoas emigrantes retornadas ou persoas estranxeiras con autorización ou permiso de residencia e traballo en España.
Así mesmo, terase en conta o menor nivel de protección por desemprego das posibles persoas beneficiarias, así como a existencia de responsabilidades familiares, entendendo por estas ter a cargo da persoa traballadora desempregada que se contrate o/a cónxuxe, parella de feito, fillos e fillas menores de vinte e seis anos ou maiores con discapacidade, persoas maiores incapacitadas ou menores en acollemento.
Ademais, haberá unha proba práctica para valorar en todos os postos os coñecementos da profesión. Tamén se valorarán outras situacións ou titulación/formación relacionadas coas funcións de cada posto e que se concretarán nas bases da convocatoria de cada posto.

Ningún comentario:
Publicar un comentario