Plan de tráfico
Abel Losada celebra o crecemento imparable de Navalia e coordina a xuntanza para garantir a fluidez do tráfico e a seguridade durante a feira
O evento, que se celebra no IFEVI entre os días 19 e 21, atraerá a milleiros de persoas e a un crecente público internacional
Infogauda / Pontevedra
O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, presidiu esta mañá a xuntanza de coordinación do dispositivo de tráfico e de seguridade con motivo da 10ª edición da feira Navalia, que se celebrará no IFEVI de Vigo entre os días 19 e 21 deste mes de maio. Durante a xuntanza organizouse fundamentalmente a organización das chegadas de público, expositores e autoridades durante as xornadas feiradas, así como a regulación das zonas de aparcamento habilitadas.
Abel Losada celebrou o crecemento imparable da principal feira do sector naval de Esaña e unha das primeiras de Europa, dado que este ano vai haber 1.200 marcas representadas e máis de 500 expositores de 75 países. O deseño do dispositivo de tráfico será similar ao doutros eventos multitudinarios que teñen cita no IFEVI.
Unha das cuestións abordadas na xuntanza foi a coincidencia nun dos pavillóns do IFEVI do continxente militar que está a preparar a celebración do Día das Forzas Armadas en Vigo, cun programa de actos que comeza o día 26. Unha presencia que ten tamén un impacto sobre a actividade do aeroporto de Peinador.
O xerente de Navalia, Javier Díaz Arnau, deu conta de tódolos detalles organizati-vos de Navalia e, coa información sobre a mesa, afinouse a coordinación coa Garda Civil de Tráfico, a Xefatura Provincial de Tráfico, as policías locais de Vigo e Mos e a Policía Nacional. Na xuntanza tomaron tamén parte representantes da Unidade Provincial de Estradas do Estado, de AUDASA e do IFEVI.

Ningún comentario:
Publicar un comentario