18 de maio de 2026

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

A XUNTA DE GALICIA AXUDA Á CONTRATACIÓN E SOCORRISTAS PARA A PRAIA DO FORTE, EN CAMPOSANCOS  

A Xunta investiu ao redor de 400.000 euros en axudas para a contratación de socorristas na provincia de Pontevedra 

 O delegado territorial destacou a importancia de manter unhas praias seguras e con todas as garantías para que veciños e turistas poidan gozar delas durante os meses de verán  


O delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, co alcalde da Guarda e membros do goberno municipal, na praia do Forte (Camposancos)
Foto:XG
 

Infogauda/A Guarda 

 O delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá a praia do Forte (Camposancos) acompañado polo alcalde da Guarda, Roberto José Álvarez, para poñer en valor a colaboración da Xunta cos municipios costeiros a través das axudas destinadas á contratación de persoal de salvamento e socorrismo durante a campaña de verán.  

 En concreto, o Concello da Guarda recibiu unha achega de 11.300 euros no marco do Plan SAPRAGA, un programa que ten como obxectivo reforzar a seguridade nas praias galegas e garantir unha atención rápida e eficaz ás persoas usuarias durante os meses de maior afluencia. 

 O delegado territorial destacou a importancia de “colaborar cos concellos para facilitar o acceso a unha serie de servizos cada vez máis demandados pola veciñanza e axudalos a garantir a seguridade das súas praias”. Neste sentido, lembrou que “o labor dos equipos de socorrismo resulta fundamental tanto na prevención como na resposta ante posibles incidencias”. 

 Agustín Reguera puxo tamén en valor mente cos municipios costeiros, facilitando que poidan reforzar os seus servizos durante a tempada estival e ofrecer a mellor atención posible á “o esforzo da Xunta por colaborar economicaveciñanza e aos turistas”. 

 Na provincia de Pontevedra, a Xunta destinou ao redor de 400.000 euros a este programa de axudas para a contratación de socorristas, beneficiando a numerosos concellos do litoral e contribuíndo a reforzar a seguridade e a calidade dos areais galegos durante o verán.    

Ningún comentario:

Publicar un comentario