O VIDOC DA POLICÍA NACIONAL VOLVERÁ Á GUARDA EN XUÑO PARA A RENOVACIÓN DO DNI E PASAPORTE
• Poderase pedir cita o próximo martes, 26 de maio, de forma presencial, no mostrador de información da planta baixa do Concello ou chamando ao teléfono 986 61 00 00
O Vehículo Integral de Documentación (VIDOC) da Policía Nacional volverá no mes de xuño para a expedición e renovación do pasaporte e do Documento Nacional Identidade (DNI).
Poderase pedir cita para a renovación ou expedición do DNI ou pasaporte, o próximo martes, 26 de maio, de forma presencial no mostrador de información da planta baixa do Concello, ou chamando ao teléfono 986 61 00 00.
O Vehículo Integral de Documentación (VIDOC) instalarase na praza do Reló, o mércores, 3 e o xoves, 18 de xuño. Atenderase de 9:10 a 12:30h, só con cita previa.
Recordamos que só é preciso acudir a unha cita para a realización de todo o trámite e se debe acudir á cita cunha fotografía, co DNI, coas taxas correspondentes do servizo e a documentación necesaria en cada caso.
As familias numerosas dispoñen do servizo gratuíto. No resto dos casos, o pasaporte sempre ten unha taxa de 30€ e o DNI de 12€, agás que sexa por cambio de domicilio e aínda estea en vigor.

Ningún comentario:
Publicar un comentario