21 de maio de 2026

A GUARDA

ARRANCA “A RUTA DAS TAPAS DA GUARDA” CON 12 ESTABLECEMENTOS PARTICIPANTES  

A iniciativa celebrarase os días 22, 23 e 24 de maio co obxectivo de dinamizar a hostalería local  

As persoas que proben os petiscos poderán realizar o percorrido polos locais adheridos conseguindo os selos e optando a diferentes premios  

Infogauda/A Guarda

 A Guarda acollerá dende este venres, 22 de maio, a primeira edición da “Ruta das Tapas da Guarda”, unha iniciativa organizada polo bar O Soriano coa colaboración do Concello da Guarda e na que participarán un total de 12 establecementos hostaleiros do municipio.   

 A proposta nace coa finalidade de impulsar e dinamizar a hostalería local, favorecendo a actividade económica do sector e contribuíndo á creación de ambiente nas rúas da vila durante tres xornadas, 22, 23 e 24 de maio, nas que veciñanza e visitantes poderán gozar dunha ampla variedade de elaboracións gastronómicas.  

 Cada un dos locais participantes ofrecerá unha tapa de elaboración libre a un prezo único de 2,50 euros, unha fórmula coa que se busca unificar a oferta da ruta e facilitar a participación do público. O prezo da bebida será establecido libremente por cada establecemento.  

 Os establecementos participantes nesta edición e os horarios nos que terán dispoñible a súa tapa son os seguintes:  

Alameda (11:00 - 14:00 e 18:00 – 20:00 horas) 

Oasis (12:00 – 22:00 horas) 

Barros, O cabaqueiro e A máis bonita (11:00 - 00:00 horas) 

Petiscos e Tapas (13:00 - 16:00 e 20:00 - 00:00 horas) 

Social (16:00 - 21:00 horas) 

O Soriano (11:30 - 15:00 e 19:30-22:00 horas) 

Art Café (11:30 - 15:00 e 19:30 – 22:00 horas) 

Ni tan mal (11:00 – 20:00 horas) 

Terra verde (11:00 – 00:00 horas) 

Almorzos do camiño (11:00 -14:00 horas)    

 Ademais da experiencia gastronómica, a iniciativa contará cun sistema de participación mediante selado en cada local. As persoas asistentes poderán completar un percorrido polos distintos establecementos adheridos e, unha vez obtidos todos os selos, optar a diversos premios.     

Ningún comentario:

Publicar un comentario