A patronal sigue mantendo unhas posicións que non permiten un acordo por parte da nosa central sindical.
• Convenio a 4 anos (mesma proposta que na reunión anterior).
• 13 por cento en 4 anos (4, 3, 3, 3) cunha revisión do IPC topada como máximo nun 2%. (aumentando un solo punto en relación a reunión anterior).
• Redución de xornada de 8 horas para o ano 2028. (mesma proposta que na reunión anterior)
• Aumentar as vacacións a 24 dias, este día a maiores non sería de redución de xornada, senón a conta dos axustes de xornada anual. (mesma proposta que na reunión anterior)
• Diferenciar o oficial de 1ª e oficial de 2ª na cantidade 8 euros mes a partir do 2027, sen pasar ao grupo 4, (mesma proposta que na reunión anterior).
• Plus de tóxicos soamente o pago dun suposto, na construción naval e reparación nos estaleiros, varadoiros e peirao de reparación. (Concreción da proposta da reunión anterior.)
• Mantéñense as licenzas da reunión anterior.
• Estres térmico. Engadir ao convenio un texto novo, sen ningunha medida concreta quedando a decisión dos empresarios se se toman medidas correctoras ou non. (polo tanto unha proposta valeira.)
• Unha comisión para facer un estudo dos coeficientes redutores, negándose a maiores a garantir as xubilacións parciais para o persoal traballador que o soliciten.
Negándose:
A introducir no convenio a subrogación.
A xornada continua nos meses de verán tan sequera no naval.
A impedir a subcontratación en máis de 1 nivel.
A regular os contratos fixos descontinuos.
Ao abono nos desprazamentos a países perigosos, e soamente para os que están en guerra.
Ante o que está a acontecer a nivel internacional, non podemos marcar topes na revisión a IPC, xa que correriamos o risco de non garantir nin tan sequera o poder adquisitivo, co perigo que significa un convenio colectivo de tan longa duración.
Por todo isto, e ante este inmobilismo por parte da patronal, que non garante un convenio digno para o noso sector.
Convocamos unha CONCENTRACIÓN o Martes 21 de abril ás 11 horas diante da sede de ATRA no Príncipe nº 22.
CAMIÑO DA FOLGA NO SECTOR

Ningún comentario:
Publicar un comentario