28 de abr. de 2026

TOMIÑO

Últimos días da campaña Mamá, imos a Tomiño

 Ata o Día da Nai as compras no comercio tomiñés poden ter premio

 



Gonzalo Lomba / Tomiño

 O vindeiro 3 de maio celébrase o Día da Nai, e o comercio, a hostalería e os servizos de Tomiño ofrecen multitude de opcións para agasallar a esa persoa tan especial. E coa campaña “Mamá, imos a Tomiño”, esas compras poden ter un premio extra.  

 As persoas que merquen nos establecementos de Tomiño só terán que escanear o código QR presente en todos os negocios participantes e subir o ticket da súa compra para entrar de xeito automático no sorteo de 3 vales: 25€ para mercar, 25€ para coidarse e 25€ para tomar algo.  

 A campaña xa está nos seus días finais pero os clientes poderán rexistrar as súas compras ata a última hora do 3 de maio para entrar no sorteo que se celebrará o día 5 na sede de ADETO.   

 Esta acción enmárcase dentro da liña de actuacións de ADETO para fomentar o comercio local e conta co cofinanciamento da Xunta de Galicia e o apoio do Concello de Tomiño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario