30 de abr. de 2026

PONTEVEDRA

A Deputación inicia avanza no proceso para contratar as obras de mellora da EP-3102, nos concellos de Tomiño, Gondomar e Baiona por 662.000 € 

•  As obras incluirán a reposición do firme nun tramo de algo máis de 9 quilómetros , ademais de nova instalación de sinalización horizontal para garantir a seguridade da estrada


Luis López, presidente da Deputación de Pontevedra
Foto: Rafa Estévez


Infogauda / Pontevedra

 A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe o expediente de contratación para as obras de mellora da seguridade viaria na EP-3102 Tomiño-Sabarís, ao seu paso polos concellos de Tomiño, Gondomar e Baiona. Así o anunciou o presidente provincial, Luis López, que lembrou que esta actuación ten un orzamento total de 662.000 euros.  

 A actuación desenvolverase por diferentes puntos e treitos continuos dun tramo de 9,2 quilómetros que discorre polos tres concellos, onde é necesario proceder á reposición integral do firme, á mellora do sistema de drenaxe lonxitudinal e transversal, e á renovación da sinalización horizontal e dos sistemas de contención de vehículos. Máis polo miúdo, prevese a retirado completa dos pavimentos deteriorados, operacións que inclúen o corte, demolición e levantamento de firmes, beirarrúas ou cunetas, así como o fresado das capas superficiais do pavimento, onde se reporá con novos materiais. Ademais, instalaranse novas conducións de drenaxe, executaranse novas cunetas e arquetas de formigón, porase nova sinalización horizontal ou instalaranse barreiras metálicas de seguridade, entre outras.  

 O presidente Luis López sinalou que esta aprobación forma parte dun paquete de “cinco cuestións relacionadas coa modernización e mellora para outras tantas estradas provinciais, que suman máis de 3 millóns de euros”, aprobadas na Xunta de Goberno desta semana. Ademais desta actuación, tamén se avanzou noutras relacionadas con estradas provinciais da Caniza, Lalín, Mos e Silleda. “Seguimos sumando recursos e aprobando investimentos para mellorar a nosa rede de estradas provinciais e avanzar na seguridade destas infraestruturas que son fundamentais para vertebrar o noso territorio”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario