28 de abr. de 2026

DEPORTES

Máis de 900 persoas contan os días para gozar do Trail Orixes Mondariz   

 

Presentación oficial do VIII Trail Orixes Mondariz
Foto: C.M.

Redacción Deportes / Mondariz

 A Asociación Deportiva Mondariz vén de realizar esta fin de semana a presentación oficial do VIII Trail Orixes Mondariz.  

 O acto tivo lugar nas instalacións do Concello de Mondariz e nel reuníronse tanto representantes e membros da asociación organizadora, como o alcalde, Pablo Barcia e o tenente de alcalde, Francisco Rico. 

 O VIII Trail Orixes Mondariz terá lugar o vindeiro sábado 2 de maio e conta, na sumatoria total das probas, con 900 persoas inscritas.  

 Así, este ano celebraranse cinco probas de trail, como son o Ultra, de 63km; o Maratón, de 42km; o Trail, de 28 km; o Minitrail, de 14km e, como gran novidade desta edición, o Promo trail, de 9km. A maiores, haberá unha andaina de 13 km.  

 Durante o evento, a organización destacou “tanto a cuantiosa cantidade de participantes inscritos” como a “importancia do evento a nivel deportivo”. Ao tempo, púxose o foco nos trámites para a homologación da carreira “Ultra” pola FEDME.  

 Dende o Concello de Mondariz, subliñaron “o valor do VIII Trail Orixes Mondariz e o labor da Asociación Deportiva Mondariz” xa que “contribúen a fomentar o deporte na natureza ao tempo que dan a coñocer o patrimonio etnográfico, arqueolóxico e paisaxístico da contorna” o que os converte “nunha entidade potenciadora do concello a través do deporte”.  

 Do mesmo xeito, tanto Concello como a organización, quixeron pór en relevancia a “colaboración dos máis de douscentos voluntarios e patrocinadores que axudan a facer realidade este evento”.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario