17 de abr. de 2026

A GUARDA

A BANDA DE MÚSICA AGRUPACIÓN MUSICAL DE A GUARDA OFRECERÁ UN CONCERTO EN RIBADAVILA

  Este sábado, 18 de abril, ás 19:30 horas, na praza da Guía




Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Dentro do ciclo Concertos nas parroquias, correspondente a este exercicio de 2026, a Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda vai ofrecer tres concertos. O primeiro deles será este sábado, 18 de abril, ás 19:30 horas, na praza da Guía.

 Esa iniciativa, de achegar a música á cidadanía, está organizada pola Agrupación Musical de A Guarda, e conta coa colaboración do Concello de A Guarda, e nesta ocasión, tamén coa da Asociación Cultural e Deportiva A Guía.

 O concerto, de acceso libre e gratuíto, é toda unha invitación ao goce da música, nun espazo a ceo aberto, de barrio e popular, polo que transitan a cotío numerosos peregrinos procedentes dos cinco continentes, seguindo o Camiño Portugués pola Costa en dirección a Compostela.

Ningún comentario:

Publicar un comentario