A película ‘La red’ estrearase este sábado, 25 de abril ás 20:30h no Centro Cultural da Guarda
• Trátase do episodio nº 59 da serie xuvenil de cine amador ‘Os trotamundos’
Infogauda / A Guarda
Este sábado 25 de abril, ás 20:30h no Centro Cultural da Guarda, estrearase a película de cine amador “La red” de BoscoVision ProduCinema.
Esta película independente forma parte da serie xuvenil ‘Os trotamundos’ e está interpretada por mozos e adultos de Galicia.
“La red” narra a historia dunha rede misteriosa que pertencía a un barco naufragado que transportaba laranxas e do que só sobreviviu unha moza. O grupo de amigos ‘Os trotamundos’ encontrarán esta misteriosa rede que sempre vai unida a aparición de laranxas na beira do mar. A rede influirá na súa amizade ata que descubran o seu verdadeiro misterio.
Ademais, xunto esta estrea tamén se estreará o episodio nº 60 da serie ‘Os trotamundos’ titulado “O cofre vital”, unha película caricatura das aventuras e fantasías piratas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario