28 de abr. de 2026

A GUARDA

A Fundación Galiza Sempre presenta na Guarda o caderno Antimilitarismo na Galiza  

•  Este xoves, 30 de abril, ás 20h no Recreo Artístico Guardés


Manuel Caride e Bieito Lobeira, coautores do caderno e insubmisos ao servizo militar nos anos 90


Lucía Veciño /A Guarda

 A Fundación Galiza Sempre presenta este xoves 30 de abril na Guarda ás 20h no Recreo Artístico Guardés o caderno nº11 da colección Ideas Impresas “Antimilitarismo na Galiza”.  

 Para esta presentación contarase coa participación do membro da Executiva Nacional do BNG, Bieito Lobeira e do Responsábel Comarcal do BNG en Vigo, Manuel Caride, ambos coautores do caderno e insubmisos ao servizo militar nos anos 90. A conducción do acto correrá a cargo da integrante do padroado da Fundación Galiza Sempre e deputada do BNG no Parlamento Galego, Montse Prado.  

 O antimilitarismo, o pacifismo e o antiimperialismo constitúen principios esenciais do nacionalismo galego desde ás súas orixes e, desde esta óptica, no caderno faise un percorrido pola contribución feita ao movemento galego anti-OTAN, así como unha análise do papel xogado polo exército español e o militarismo na Galiza e a resposta do nacionalismo ao mesmo.   

 A segunda parte do carderno céntrase no que foi a loita galega contra o servizo militar obrigatorio levada adiante polo movemento antimilitarista de obxección de conciencia e insubmisión no anos 80 e 90 do pasado século. Un movemento social exitoso no que se implicaron miles de mozos galegos e que contribiu de xeito decisivo á suspensión do servizo militar, do que neste ano se cumpre o 25 aniversario da súa suspensión.  

 Por último, abórdase o contexto actual de belicismo e rearme, a través do aumento desmedido do gasto militar, e o retorno en moitos estados europeos do servizo militar co consecuente risco para a paz que todo isto conleva.

Ningún comentario:

Publicar un comentario