14 de abr. de 2026

A GUARDA

O proxecto “Eu saudableMente” pechará cunha charla para as familias sobre a saúde mental da adolescencia 

 O xoves, 23 de abril, ás 19:00h na Casa dos Alonso




Infogauda / A Guarda

 O proxecto “Eu saudableMente” rematará o xoves, 23 de abril, ás 19:00h  na Casa dos Alonso, cunha charla aberta todas as familias guardesas.  

 A charla estará a cargo da psicóloga Andrea Iglesias Fernández, quen impartiu as tres sesións ao alumnado de 1º e 2º da ESO e unha sesión ao de 3º e 4º da ESO do IES A Sangriña.

 O obxectivo principal da charla é acompañar aos adolescentes e comunicarnos mellor. Deste xeito, búscase comprender os cambios emocionais e sociais da adolescencia, identificando as súas principais preocupacións en saúde mental.  

 Esta charla é interesante para as familias que queiran reflexionar sobre o seu propio estilo educativo e para integrar ferramentas de comunicación no día a día.  

 Na sesión reflexionarase sobre como detectar sinais de alerta e saber como actuar e ofrecer estratexias prácticas para favorecer o clima familiar e que así os adolescentes pidan axudan cando o necesiten.   

Ningún comentario:

Publicar un comentario