Tui súmase á celebración do Día da Cultura Sefardí cunha visita guiada
• Será o próximo martes, 31 de marzo, ás 19 h dende a Oficina de Turismo
Infogauda / Tui
O próximo martes, 31 de marzo, o Concello de Tui súmase á celebración do Día da Cultura Sefardí, proposto pola Red de Juderías de España – Caminos de Sefarad tras o acordo adoptado na Asemblea Xeral celebrada en xuño na localidade galega de Ribadavia.
Así o próximo martes, 31 de marzo, ás 19 h terá lugar unha visita guiada polo legado da cultura xudía na cidade ao longo do tempo. O punto de partida será a Oficina Municipal de Turismo no paseo da Corredoira. Non é preciso inscrición previa.
A concelleira de Turismo e Patrimonio, Ana Núñez Álvarez, destaca que con esta actividade promóvese o coñecemento e a cultura, con espazos de encontro e participación que constitúen eficaces ferramentas para a promoción do patrimonio.
A celebración desta xornada anual sobre a cultura sefardí ten como obxectivo recoñecer a pegada deixada polas comunidades xudías que habitaron na Península Ibérica durante séculos e que deron lugar a unha cultura viva e resiliente da que somos herdeiros. Esta conmemoración anual pretende tamén consolidar un espazo anual común de divulgación e encontro arredor deste patrimonio común. A elección do 31 de marzo ven dada pois nesta data foi asinado polos Reis Católicos o Edito de Granada que supuxo a expulsión dos xudeus e unha inflexión histórica.
O Concello de Tui a realiza a celebración do 31 de marzo, Día da Cultura Sefardí, en coordinación coa Red de Juderías de España, sumándose a esta xornada destinada recoñecer e difundir a herdanza cultural das comunidades xudías no noso territorio.

Ningún comentario:
Publicar un comentario