O Real Mosteiro de Oia abre as súas portas en Semana Santa 2026 con visitas guiadas exclusivas
• Unha experiencia única para explorar as diferentes estancias, percorrer os xardíns e redescubrir a historia e segredos do Mosteiro de Oia desde unha perspectiva renovada.
Nuria Rodríguez / Oia
O Real Mosteiro de Oia abrirá ao público do luns 30 de marzo ao domingo 5 de abril, ofrecendo unha experiencia cultural renovada. Durante esta semana, os visitantes poderán percorrer novas estancias interiores, recunchos inéditos e descubrir historias ata o de agora descoñecidas.
As visitas guiadas, organizadas pola Fundación Bretal, permitirán mergullarse na historia deste monumento emblemático da costa galega, mentres se avanza no seu proceso de recuperación.
O Mosteiro atópase actualmente en estado de ruína consolidada e tras afrontar senllos traballos arqueolóxicos, polo que se recomenda acudir con roupa e calzado cómodo para explorar os seus diferentes espazos e xardíns.
Horarios e días de visitas
• De luns 30 de marzo ao domingo 5 de abril: 11:30 | 16:30 | 18:30 h
Os grupos son reducidos para garantir un acompañamento personalizado por parte de expertos que guiarán aos visitantes polo monumento e ofrecerán explicacións detalladas sobre a súa historia, arquitectura e a vida no Mosteiro ao longo dos séculos.
“Semana Santa é un momento perfecto para achegarse ao Mosteiro, non só polo seu valor histórico, senón tamén pola experiencia de percorrer espazos pouco coñecidos e gozar da tranquilidade dos xardíns e da contorna”, engaden dende a organización.
Non perdas a oportunidade de visitar un dos lugares máis emblemáticos da costa galega esta Semana Santa. Consulta a dispoñibilidade e reserva xa a túa praza en https://www.mosteirodeoia.com/gl/real-mosteiro-de-oia-actividades-semana-santa-2026/ A historia espérate!

Ningún comentario:
Publicar un comentario