ABANCA e Afundación avanzan no seu plan de formación de persoas maiores con sesións en Salvaterra de Miño e Maceda
Redacción / Salvaterra de Miño
ABANCA e Afundación continúan coas accións formativas da quinta edición do seu plan de formación e capacitación dixital de persoas maiores. Esta semana están previstas sesións nos municipios de Salvaterra de Miño e Maceda.
O contido dos talleres estará centrado no manexo de caixeiros automáticos e tamén se ofrecerán consellos esenciais sobre ciberseguridade e prevención da fraude. Facilitarase aos asistentes unha visión completa de como funciona o caixeiro, cales son as operacións máis habituais que se poden realizar nel e o sinxelo que resulta facer esas xestións a través dunha demostración práctica. Adicionalmente, dedicarase un tempo para resolver todas as consultas expostas polos participantes.
Como material de apoio, todas as persoas que asistan recibirán un manual de fácil consulta que compila toda a información impartida durante a xornada, para que poidan revisala cando o necesiten.
Este programa púxose en marcha en 2022 e máis de 3.000 persoas participaron nas actividades formativas desenvolvidas nas catro primeiras edicións. A maioría delas proceden de contornas rurais, onde o banco intensificou nos últimos anos o seu labor de acompañamento e apoio.
Sesión en Salvaterra de Miño
DATA 12 de marzo
HORA 10.30 horas
LUGAR Salón de Plenos. Concello de Salvaterra
Sesión en Maceda
DATA 13 de marzo
HORA 11.00 horas
LUGAR Salón de Plenos. Concello de Maceda
Ningún comentario:
Publicar un comentario