5 de mar. de 2026

A GUARDA

A Biblioteca Pública Municipal da Guarda organiza un novo contacontos  

Titulado “Segredos encantados”. Será o sábado 14 de marzo, ás 12:00h  




Infogauda / A Guarda 

 A Biblioteca Pública Municipal da Guarda organiza un novo contacontos para o próximo sábado, 14 de marzo ás 12:00h.  

 A fada de EucREativa chegará á biblioteca da Guarda en busca de historias escondidas, personaxes sorprendentes e aventuras por descubrir. Entre estantes cheos de tesouros, aprendemos que cada libro é unha porta segreda e cada páxina un novo territorio por explorar.  

 Esta exploradora do saber non a detén a choiva e ten como brúxula a curiosidade e os libros como mapa. 

 Escoitamos, observamos, preguntamos e soñamos..., porque nesta expedición non fai falta mochila, só ganas de imaxinar!  

 Agardámosvos na biblioteca.

Ningún comentario:

Publicar un comentario