5 de mar. de 2026

A GUARDA

Constitíuse na Guarda a Comisión organizadora dos actos do 50 aniversario do Comité local de fútbol infantil   

Que realizará unha exposición e unha charla para lembrar a súa influencia na localidade 


Membros da Comisión organizadora reunidos na Casa do Concello de A Guarda
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O próximo mes de abril cumpriranse 50 anos dos inicios da competición local de fútbol infantil (1976 – 2009). Por este motivo constituíuse a Comisión organizadora dos actos deste evento. 

 Esa Comisión está formada por Ramón Ferreira Gómez como portavoz-coordinador; Benito Barbosa Gómez e Xosé Carlos González Blanco (secretario), en representación dos Comités organizativos da competición; Juan Videira Barcia (Nito), José Angel Martínez Barbosa, Luis Alberto Franco Lomba (Berto) e Ramón Ferreira Gómez, como representantes dos clubs; e Antonio Álvarez González, como representante do colectivo arbitral.  

 A finais de febreiro o alcalde Roberto José Álvarez Carrero e o concelleiro de Cultura e Deportes, Celso Rodríguez Fariñas, reuníronse co comité para organizar o plan de actividades previstas  




 Do 28 de abril ao 9 de maio a Casa dos Alonso acollerá unha exposición fotográfica dos diferentes clubs. Os clubs que queiran participar poden contactar coa Comisión antes do 19 de abril.   

 Os clubs que participaron na competición local de fútbol infantil foron: U.D. A Guía/A Guía B; San Caietano FC, D.Cividáns/San Lorenzo, Somascos/Estudiantes/Amigos, Salcidos, Sanamaro, Monte Real, O Muño, San José Novás, Oia/Oiense/Beiramar, Ribera, Martín, San Martiño, A Gándara, Tabagón, Figueiró, Erizana, Alameda, Goián, Mougás, Carregal, Tebra, Unión Guardesa, San Gregorio, Estás, Tomiño, Tui e Taborda.  

 Ademais, o 2 de maio, ás 19:00 h no Centro Cultural da Guarda, haberá unha charla coloquio sobre a historia e repercusión da competición de fútbol infantil, a nivel local e comarcal.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario