O espectáculo “4.0” invita á reflexión sobre a maternidade
• Este sábado, 21 de marzo ás 18:00h na praza do Reló
Infogauda / A Guarda
O Concello da Guarda xunto co Centro de Información á Muller (CIM) retoma unha das actividades da programación especial do 8-M, Día Internacional da Muller.
Dese xeito, este sábado 21 de marzo, ás 18:00 horas, a praza do Reló acollerá o espectáculo “4.0” de Sue Moreno. Trátase dun espectáculo que fusiona técnicas aéreas de circo (teas e aro) con teatro, danza e música, e cun ton de humor.
A historia sitúa a unha muller no seu día a día, intentando conciliar o seu traballo coa súa maternidade, mostrando as diferentes caras desta etapa desde unha ollada divertida, tenra, emocionante e, ás veces, absurda.

Ningún comentario:
Publicar un comentario