20 de mar. de 2026

A GUARDA

O alcalde da Guarda visita ‘O Cabaqueiro’ tras a súa reapertura con nova xerencia   

O local abre ás 6:00h para poder atender almorzos de xente traballadora  


O alcalde da Guarda, Roberto José Álvarez Carrero con María Castro, xerente do bar “O Cabaqueiro”, na rúa José María Sesto, á entrada da Guarda
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda  

 O alcalde da Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, continúa coa campaña de promoción dos novos establecementos da localidade mediante visitas e difusión das súas actividades, dando o seu apoio aos emprendedores.  

 A principios de ano, abriu o bar “O Cabaqueiro”, na rúa José María Sesto, á entrada da Guarda. A nova xerente ao cargo, María Castro, destacou que aínda que xa están abertos hai moitas ideas por levar a cabo nos próximos meses.  

 Nesta nova etapa do local destaca o lavado de cara do mesmo, onde resaltan as palabras típicas - na xerga ou verbo dos telleiros (cabaqueiros) - da zona do Baixo Miño, incluíndo o propio nome do bar. María quere “fomentar o traballo e que non pechen locais, senón que abran”.  

 Roberto José Álvarez Carrero felicitouna polo seu “compromiso co comercio local e co traballo, así como ofrecer servizos á cidadanía”.  

 “O Cabaqueiro” ofrece almorzos desde ás 6:00h e despois unha carta con pizzas, bocadillos ou hamburguesas. Ademais, ten como plan futuro mellorar a terraza exterior e interior e coa posibilidade de facer barbacoas nas fins de semana.  

 Moita sorte a  “O Cabaqueiro” nesta nova etapa! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario