9 de mar. de 2026

A GUARDA

“Os contos do Lobicán” ofrecen un espectáculo de monicreques cheo de valores educativos   

A obra infantil representarase no Centro Cultural da Guarda o sábado 14 ás 18:00h 

 


Infogauda / A Guarda  

 Este sábado 14 ás 18:00h chegará ao Centro Cultural da Guarda o espectáculo infantil “Os contos do Lobicán”. Esta actividade de monicreques musical está destinado ao público de 3 a 8 anos e busca darlle unha volta aos contos clásicos.  

 O espectáculo está inspirado no atractivo mundo de Wes Anderson onde as cores, a escenografía, o vestiario e a música axudan a transmitir os valores universais como a amizade, a cooperación, o respecto pola natureza, o pensamento crítico e a importancia da imaxinación   

 Lobicán é un animaliño curioso que goza explorando o bosque e compartindo momentos coa súa familia. A pesar da súa reticencia cara á escola e o estudo, Lobicán mostra un profundo interese por aprender sobre a natureza e o mundo que o rodea. Nai Lobicana pídelle levar unha torta ao avó, e mentres Lobicán está no bosque, atópase con Xiana, unha nena que busca o camiño cara á casa da súa tía Silvana. Sen importar as súas diferenzas, Lobicán e Xiana establecerán unha forte amizade que os axudará a superar perigos e desafíos.  

 Esta actividade realízase a través do programa +Escénicas da Deputación de Pontevedra. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario