5 de mar. de 2026

A GUARDA

A praza de abastos de A Guarda luce máis fresca 

•  Cunha nova estética con máis luz e zonas de descanso   


Uns momentos da visita que realizaron o alcalde, acompañado do presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e membros go goberno municipal
Fotos: C.A.G.

      

O músico Bieito Solo amenizou o acto de reinauguración


Infogauda / A Guarda

 No día de hoxe, o Concello de A Guarda fixo público que esta mañá fíxose o acto dunha nova reinauguración - a segunda, xa que á anterior fora en 1957, sendo alcalde de A Guarda, don Ermelindo Portela Gómez da praza de abastos da Guarda, presentándose os cambios que se foron facendo no último ano.  

 O alcalde da Guarda, Roberto José Älvarez Carrero, destacou que “esta intervención quere pór en valor a praza de abastos, un comercio de proximidade, tanto do produto, dunha calidade inmellorable, como do trato”.  

 Esta mellora supuxo o acondicionamento de chans, paredes laterais e escaleiras, co revestimento de novas baldosas. Este material permite unha limpeza máis sinxela e aporta unha maior luminosidade á praza de abastos.  

 De feito, na visita que realizou o alcalde, acompañado do presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, moitos dos praceiros e praceiras valoraron positivamente a reforma, destacando que “agora é moito máis fácil limpar, e queda moito mellor, porque cos regos debaixo dos postos evitamos encher todo o chan de auga”.  

 Outra das praceiras tamén destacou que “os bancos foron un acerto, porque a xente agarda aí, ponse a falar, e dálle vida á praza de abastos”. Estes novos bancos serven para o descanso dos usuarios e usuarias, así como zona de reunión e encontro da veciñanza. Ademais, instaláronse uns arcos de madeira e novos puntos de luz aportan unha estética que mestura o moderno co tradicional.  

 Para esta intervención contouse cun orzamento de 155.000€, cunha subvención da Deputación de Pontevedra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario