O Clinic do Celta formará na Guarda a rapaces de 6 a 13 anos
Infogauda / A Guarda
Este ano volve á Guarda o Clinic do R.C. Celta de Vigo ao campo municipal de fútbol da Sangriña. Coa colaboración do Concello da Guarda e do Sporting Guardés, esta actividade permite á rapazada seguir fortalecendo as habilidades futbolísticas, sen esquecer os valores do deporte.
Esta será a cuarta edición que permite aos nenos adestrar, aínda que fose por uns días, como os seus xogadores favoritos. O Clinic realizarase o do luns 30 de marzo ao mércores 1 de abril en horario de 9:30 a 14:00h.
Ao remate os participantes recibirán como agasallo a bolsa celtista: saco de ximnasia, camiseta conmemorativa, pulseira e postal do xogador do R.C. Celta; ademais, farase unha entrega de diplomas e un sorteo de agasallos.
A inscrición xa está aberta para os xogadores desde a categoría prebenxamín ata os infantís e na páxina web do Celta: https://rccelta.es/fundacion/formacion/clinics/. O prezo é de 89€, pero os xogadores do Sporting Guardés e aqueles que conten co carné celtista contarán cun desconto do 10%.

Ningún comentario:
Publicar un comentario