A Guarda conmemora o 8M coa obra ‘Á luz do día, nalgún lugar do mundo, a algunha muller’
• O domingo, 8 marzo, a partir das 19:00 horas, no Centro Cultural
Infogauda / A Guarda
O Concello da Guarda xunto co Centro de Información á Muller (CIM) preparan unha programación especial para esta semana do 8-M, Día Internacional da Muller.
O domingo, 8 marzo, a partir das 19:00 horas, o Centro Cultural acollerá a obra de teatro “Á luz do día, nalgún lugar do mundo, a algunha muller”. A función trata de dúas personaxes, Elena, a psicóloga, e Ledicia, a doente, que transitan durante unha sesión de terapia polo presente, pasado e futuro delas dúas. Nesa sesión descubriremos historia de Ledicia, o camiño marcado que seguiu sen rechistar e as consecuencia que trouxeron.
A través dos 5 estadios emocionais do duelo, o texto transita coma se fose o vehículo da terapia. Elena guiará a Ledicia polos 5 estadios: negación, ira, negociación, depresión e aceptación. As mulleres crearán un mundo de seu, onde nada máis que existirán elas e os seus mundos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario