12 de feb. de 2026

TUI

O escritor portugués Luís Ferreira presentará en Tui o libro “Vamos a Santiago” 

 Será este venres, 13 de febreiro, ás 20 h no Espazo Sociocultural 



Infogauda / Tui

 A importancia do Camiño Portugués a Santiago queda tamén reflectida na literatura. Este é o caso do libro “Vamos a Santiago” do escritor portugués Luís Ferreira que este venres, 13 de febreiro, ás 20 h se vai presentar no Espazo Sociocultural, da rúa Camilo José Cela.  

 O libro está escrito en portugués e castelán. A publicación, dirixida a público infantil e familiar, aborda, cunha perspectiva didáctica, a singularidade do Camiño Portugués, os lugares por pasa a través da historia dunha familia, moi especial, que decide realizar o Camiño Portugués a Santiago.  

 O acto será presentado polo peregrino tudense e divulgador do Camiño, Alfonso Ferreira. Colabora na presentación o Concello de Tui.

Ningún comentario:

Publicar un comentario