O BNG DENUNCIA QUE ROBERTO CARRERO MINTE CANDO DI QUE O COMERCIO LOCAL DA GUARDA CRECE
• O alcalde afirmou en distintos medios de comunicación, que o comercio local medrou un 52,8% nos últimos 3 anos
• Segundo datos do INE neste período perdéronse 20 negocios
Infogauda / A Guarda
Desde o Grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego (BNG) de A Guarda, veñen de facer pública unha nota de prensa na que afirman: “Segundo os datos publicados polo INE (Instituto Nacional de Estatística), o sector do comercio, hostalaría e transporte na Guarda, pasou de 289 negocios no ano 2023 a 269 no ano 2025. Neste período de tempo perdéronse polo tanto 20 negocios. Pese aos datos oficiais, o alcalde, non tivo reparo en afirmar que nos tres últimos anos o comercio local medrou un 52, 85%”.
Anxo Lois Baz Vicente, portavoz municipal do BNG manifestou “o alcalde, despois de mentirlle a todos os guardeses e guardesas, aínda tivo a descaro de gabarse de que o florecemento da actividade comercial, se debía ao traballo de promoción realizado por el e o seu equipo. A realidade é que o sector do comercio sofre o abandono deste goberno municipal que carece de ideas e vontade para poñer en valor o comercio local, demostrando no día a día a súa incapacidade para sacar adiante iniciativas que contribúan a dinamizalo”.
O nacionalista concluíu decindo “Roberto Carrero está instalado nunha campaña de propaganda permanente, que o leva a tomar por parva á veciñanza, manipulando datos e mentindo, co único obxectivo de agochar a súa incompetencia e falta de traballo que lle impiden gobernar A Guarda con un mínimo de criterio”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario