8 de xan. de 2026

A GUARDA

A Guarda prepara a súa primeira saída cultural para presenciar a obra “Memorias dun neno labrego”  

As prazas son limitadas e as inscricións xa están abertas  




Infogauda / A Guarda

 Na mañá de hoxe, o Concello de A Guarda fixo público que o venres, 16 de xaneiro será a primeira saída do bus do teatro desde A Guarda. A obra a ver será “Memorias dun neno labrego”.  

 Trátase dunha nova coprodución do Centro Dramático Galego e Contraproducións. É unha nova versión teatral do famoso libro de Xosé Neiras Vila no X aniversario do seu pasamento.   

 Balbino é un neno de aldea, fillo de labregos pobres, que medra nun mundo de silencios, traballo e obediencia. Este espectáculo, segue a súa voz sincera e sensible a través dunha serie de lembranzas que van desde a tenrura da infancia ata a crúa conciencia das desigualdades, dando vida aos episodios máis representativos da novela de Neira Vilas.  

 A función comezará ás 18:00h no Salón Teatro de Santiago de Compostela. Para chegar, o bus sairá desde o Centro Cultural de A Guarda ás 15:00h e volverá a partir das 20:15h.   

 A actividade ten un custo de 5€ e a inscrición xa está aberta na ligazón: 

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSezBo3_I5--YJtJGwaUSUOJojDSMNx8gTcZgvGWuqH8iWfwsw/viewform 

Ningún comentario:

Publicar un comentario