5 de xan. de 2026

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

A familia de Juan José Peniza Matos fixo entrega de obras pictóricas a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos

 O evento contou coa actuación da Rondalla Antorcha


Daniel Peniza - á esq. - no momento de facer entrega das obras pictóricas da autoría de seu pai, ao presidente da xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos

Reportaxe fotográfica: Victoriano Rodríguez González

Consuelo, viuva de Juan José Peniza Matos, recibindo un ramo de flores
A Rondalla Antorcha nuns dos momentos da súa actuación


José Fernando Martínez Martínez / Camposancos

 Na noitiña do sábado, na Casa de Montes de Camposancos, vivimos un acto entrañable, que comezou cunha primeira actuación da Rondalla Antorcha, interpretando música popular. 


Algunhas das obras pictóricas da autoría de Juan José Peniza Matos que poden apreciarse na Casa de Montes de Camposancos

 No intermedio o responsable da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos, recibiu de mans de Daniel Peniza oito cadros da autoría do seu pai, Juan José Peniza Matos, camposino emigrado a Venezuela, xa fallecido, os cales había prometido entregar ainda en vida para que engalanasen o salón de actos da casa cultural, e que a súa dona Consuelo e seus fillos Daniel e César, quixeron respectar a vontade do seu pai. 

 O responsable da Comunidade fixo entrega a Consuelo dun ramo de flores, e agradeceu a doazón cun relato de vivencias da infancia co autor, salientando que persoas como Juan José Peniza fan pobo. 

 O acto rematou cunha nova actuación da Rondalla Antorcha, interpretando panxoliñas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario