3 de xan. de 2026

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

A familia de Juan José Peniza fará entrega de obras pictóricas a Comunidade de Montes de Camposancos

  Este sábado, 3 de xaneiro de 2026, ás 20:00 horas, nun acto que contará coas actuacións da Rondalla Antorcha e de María José Baz




José Fernando Martínez Martínez / Camposancos

 Este sábado, día 3 de xaneiro de 2026, ás 20:00 horas, na Casa Cultural de Montes de Camposancos, a familia de Juan José Peniza fará entrega de parte da súa obra pictórica, que reflicte distintos lugares do pobo que viuno nacer, e que o finado prometera doar a Comunidade de Montes para engalanar o salón de actos. Debido o seu rápido pasamento, non lle dera tempo a cumplir a promesa que un día me había feito e agora a viuva, fillos e netos queren cumplir o desexo do seu marido, pai e avó. 

 Juan José era natural de Camposancos. Sendo moi mozo foise a estudar a Escola de Mestría de Vilagarcía, para unha vez cumprida a maioría de idade, emigrar - reclamado polos pais - a Venezuela. 

 Xa de bastante maior retornou a España para residir en Málaga e Pontevedra, sen esquecer en ningún momento, as raíces camposinas. Por Sanamaro era asiduo a paletada. 

 A Comunidade de Montes non podemos por menos que agradecer este agasallo que será exposto de forma permanente no salón de actos.  

 E deseguido concerto da Rondalla Antorcha e María José Baz.

Ningún comentario:

Publicar un comentario