5 de dec. de 2025

TOMIÑO

Tomiño inaugurará o seu Nadal cun grande espectáculo de videomapeo  

Será o vindeiro luns, 8 ás 19.00 h con tres pases de balde  


Programa de nadal 2025 do Concello de Tomiño
Foto: C.T.

Infogauda / Tomiño

 As luces, as cores e a creatividade transformarán a fachada da Casa do Concello en puro espírito navideño: Tomiño inaugura o seu Nadal 2025 cun espectacular videomapeo o vindeiro luns 8 de decembro con tres pases de balde ás 19.00, 19.30 e 20.00 horas. Este espectáculo marca o inicio oficial dun mes repleto de actividades familiares, culturais e deportivas que se estenderán ata o 6 de xaneiro. 

 “A nosa intención é que cada veciño e veciña poida sentir a maxia do Nadal desde o primeiro día”, explicou a alcaldesa, Sandra González, que recalcou que “o videomapping é unha forma visual e impactante de dar a benvida ás festas, e ao mesmo tempo, de situar á veciñanza no centro dunha programación pensada para gozar en familia, para a mocidade e para todas as idades”. 

 O programa de Nadal inclúe propostas para todos os públicos: desde obradoiros variados para infancia e mocidade ata o Desfile da Galiña dos Ovos de Ouro, a carreira de San Silvestre ou a tradicional Cabalgata de Reis do 6 de xaneiro. A música tamén terá un papel protagonista con actuacións como a Rondalla de Valladares, o concerto de Nadal da Agrupación Musical de Goián, Gramola Gominola, o concerto especial de La Patrulla con DJs en colaboración cos locais nocturnos tomiñeses ou o emblemático concerto Coral acompañado de chocolate quente de balde. 

 Con case vinte propostas e actividades gratuítas ou de balde, a praza do Seixo e a súa contorna volverán converterse no epicentro do Nadal en Tomiño, convidando a toda a veciñanza a gozar dun mes de celebración, participación e diversión.

Ningún comentario:

Publicar un comentario