4 de dec. de 2025

DEPORTES

FÚTBOL

Primeira Galicia 1ª FUTGAL - Grupo 6

O SPORTING GUARDÉS RECIBIRÁ AO U.V.C.D. CANDEÁN

  Este sábado, 6 de decembro, ás 17:00 horas, no Campo municipal A Sangriña




Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Este sábado, 6 de decembro, ás 17:00 horas, no Campo municipal A Sangriña, o Sporting Guardés recibirá ao equipo da Unión Veciñal Cultural Deportiva Candeán.

 Será un encontro no que o conxunto local terá oportunidade de puntuar, xa que o resultado (2-1) da xornada precedente fronte ao Xuvenil de Ponteareas, no feudo da vila do Tea, deixou un sabor agre. Evidentemente, o equipo ponteareán - situado a día de hoxe, no 3º posto da táboa clasificatoria - non se permitíu a licenza de perder o tempo.

 Polo tanto, na xornada 14ª, o Sporting Guardés deberá traballar para que os puntos en xogo queden na vila de A Guarda. Non vai ser tarefa doada, porque o equipo visitante - Unión Veciñal Cultural Deportiva Candeán -, situado no último posto da táboa, virá a Sangriña co obxectivo de lograr algo positivo, porque súa situación - soio conta con 3 puntos - non é como para botar foguetes.

 Pola súa banda, o Sporting Guardés, situado actualmente no 6º posto da táboa, con 23 puntos, ainda estando nunha posición máis tranquila, non deberá confiarse. Todo o mundo sabe que non hai rival pequeno. Infravalorar ao adversario acostuma ter resultados desagradables. 

 Por iso os seareiros do Sporting Guardés van ter unha nova oportunidade para animar ao equipo local, e dese xeito, remando todos na mesma dirección, poder compartir - se é posible - a alegría do triunfo final.

Ningún comentario:

Publicar un comentario