O deporte guardés despedirá o ano coa carreira de San Silvestre
• O domingo, 28 de decembro, ás 11:00 horas, con saída no paseo marítimo
Infogauda / A Guarda
A San Silvestre Guardesa volverá outro ano máis a despedir o deporte na Guarda. Será o domingo, 28 de decembro, coa carreira e a andaina, organizadas polo Concello de A Guarda en colaboración coa Sociedade Atlética do Trega.
Para participar, as inscricións son obrigatorias e xa están abertas ata o propio domingo 28 ás 10:00h da mañá (a partir de entón non será válida a inscrición). As persoas interesadas poden inscribirse na seguinte ligazón: https://forms.gle/zTtnGKzKtvbSHPDo8
O domingo 28 farase a recollida de dorsais de 10:00 a 10:30h para arrancar coa saída da carreira e da andaina ás 11:00h da mañá.
O percorrido da andaina será de 4km aproximadamente dando unha volta ao circuíto e rematando no mesmo punto de saída. Pola súa banda, a carreira será de 5km aproximadamente, continuando o percorrido dando volta na Atalaia antes de chegar á meta final.

Ningún comentario:
Publicar un comentario