Un obradoiro infantil de Nadal ensinará aos pequenos a facer os seus propios postres
• O sábado, 27 de decembro, ás 12h na carpa da praza Avelino Vicente
Infogauda / A Guarda
Este sábado, 27 de decembro, ás 12:00h na carpa da praza Avelino Vicente, os pequenos da casa poderán desfrutar dun obradoiro de cociña de Nadal. Os participantes elaborarán uns pasteliños follados de galleta, iogur e froita e tamén unhas galletas de xenxibre.
Deste xeito, amasarán, enfornarán e decorarán as súas propias elaboracións que despois poderán desfrutar con toda a familia na casa.
O obradoiro está orientado a crianzas de 4 a 10 anos e poden inscribirse en cultura@aguarda.es.

Ningún comentario:
Publicar un comentario