22 de dec. de 2025

A GUARDA

O Festival de Panxoliñas, grato limiar do Nadal

  Contou coa participación da Coral do Club da Terceira Idade e Pensionistas de A Guarda, Rondalla Antorcha e Coro Cantábile


David González Sobrino, director da Coral do Club da Terceira Idade e Pensionistas de A Guarda, exhortando ao público a acompañar coas palmas unha das panxoliñas
Fotos: Iria Peniza / C.A.G.
Rondalla Antorcha
Coro Cantábile


Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Collendo o relevo da Agrupación Coral Polifónica de A Guarda, que ata o ano 2023 viña organizando ese evento; o Coro Cantábile voltou a ocuparse - como xa o fixera en 2024 - de levar a bo termo unha nova edición do Festival de Panxoliñas. 

 Como vén sendo costume, coa colaboración da parroquia de Santa María de A Guarda -  representada nesta ocasión polo padre Juan Luis Martínez Diz - así como tamén da Deputación de Pontevedra e do Concello de A Guarda.

 Ademais do alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero; do concelleiro de Cultura e Deportes, Celso Rodríguez Fariñas; e da concelleira de Servizos Sociais, Mª Isabel Guisande Vila; o festival foi un novo éxito de asistencia - e mesmo de participación puntual batendo as palmas das mans - do respectable público.

 Presentado por Gloria Mª Rodríguez Pacheco, compoñente do Coro Cantabile; o festival deu comezo coa actuación da Coral do Club da Terceira Idade e Pensionistas de A Guarda, que dirixida por David González Sobrino, interpretou: 

• Gloria in excelsis Deo (Atribuída tradicionalmente a San Hilario de Poitiers no século IV).

 O meniño é pequeniño, de Xosé Casal.

 Con mi burrito sabanero, de Hugo Blanco.

 O Meniño é pequeniño, de Xosé Casal.

 Con un sombreiro de palla.  (Popular galega - Arranxos: David González Sobrino).

O pelo roxiño. (Popular galega).

 A continuación foi o turno da Rondalla Antorcha, que dirixida por María José Baz Martínez, interpretou:

 Vinde guardesiños. (Letra e música: María José Baz).

Petición de Navidad. (Letra e música: María José Baz).

Canta, ríe, bebe. (Letra e música: Ricardo Boronat Gerardo e Ricardo Boronat Terol). 

Navidad. (Letra e música: Antonio Machín).

Vinde nenos e rapaces, de Ramón Afonso González e Isauro García Ramos.

 En terceiro lugar, actuou o Coro Cantábile - con novas incorporacións de compoñentes -, que dirixido por Avelino Ferreira López, e co acompañamento ao teclado da pianista Magdalena Argibay, interpretou:

 Noite de Paz. (Letra: Joseph Mohr - Música:   Franz Xaver Gruber).

• A la nanita nana. (Tradicional español - Arranxos: Víctor C. Johnson).

 Suite comercial navideña, de José Bernardo Álvarez.

Carol of the Bells, de Mikola Leontóvich - Arranxos: Peter Joseph Wilhousky.

Feliz Navidad, de José Feliciano - Arranxos: Lorenz Maierhofer.


Actuación conxunta dixirida por Avelino Ferreira

   E na recta final do Festival de Panxoliñas, todos as persoas participantes, dirixidas por Avelino Ferreira López interpretaron Adeste Fideles, un himno con texto latino, empregado en varios países, desde finais do século XVIII, na beizón durante o Nadal.

 Por último, baixo a dirección do párroco Juan Luis Martínez Diz, interpretaron unhas estrofas do vilancico Pero mira como beben (Popular español).

 Ademais de facer entrega dun presente a cada un dos grupos participantes, e a pianista Magdalena Argibay, así como ao párroco Juan Luis Martínez e ao sancristán Manuel Martínez, polas súas respectivas colaboracións; o Coro Cantábile - que tivo unhas verbas de lembranza deica seu fundador e director don José Luis Lorenzo Rodríguez -, anunciou que en 2026 conmemorarán o XL aniversario do Coro Cantábile cun amplo programa de actividades.

 Concluimos salientando que o Festival de Panxoliñas, foi un grato limiar do Nadal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario