5 de nov. de 2025

TUI

Mes da Memoria Democrática en Tui: Ciclo “Sobredo 103, anos despois”     

 Este xoves, 6 de novembro, no Espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela: Coloquio con Tereixa Navaza: “A prensa desde Sobredo á volta de Castelao”     




IEAMSo / Tui

 O Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo (IEAMSo), no marco do Mes da Memoria Democrática que promove o Concello de Tui, organiza este xoves, día 6 de novembro un Coloquio no que intervirá Tereixa Navaza para tratar o tema: “A prensa desde Sobredo á volta de Castelao”. Terá lugar no Espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela, en Tui, a partir das 19:30 horas.     

 O agrarismo e os Sucesos de Sobredo tiveron grande repercusión na prensa escrita. Castelao, na súa obra gráfica publicou viñetas en memoria das vítimas dos Sucesos de Sobredo, asi como as de Oseira, Nebra e Sofán.     

 Coa actividade achéganse aspectos periodísticos sobre a difusión dos feitos nos medios da época e homenaxease a Castelao, no 75 aniversario do seu pasamento.     

 As seguintes actividades programadas serán:     

 O 20 de novembro (xoves): presentación do libro Os médicos tamén enferman, polo autor Martiño Noriega; no Espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela, en Tui, a partir das 19:30 horas.     

 O 28 de novembro (venres): A música en Sobredo; no Espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela, en Tui, a partir das 19:30 horas.      

 O 29 de novembro (sábado): Conmemoración dos Sucesos de Sobredo, no seu 103 Aniversario. No lugar dos feitos en Sobredo, parroquia de Guillarei (Tui).

Ningún comentario:

Publicar un comentario