5 de nov. de 2025

TUI

Tui vai acoller dúas formacións sobre estranxeiría e obtención da nacionalidade 

 Impartiranse este venres, 7 de novembro, na aula CeMIT por parte da asociación Accem. As prazas son limitadas  




Infogauda / Tui

 Vías de regularización, dúbidas legais, reagrupamento familiar, nacionalidade española por residencia, trámites administrativos,..., son algúns dos temas que se van abordar nas dúas sesións informativas que imparte Accem este venres, 7 de novembro, en Tui.   

 A primeira será a formación en materia de estranxeiría de 10 h a 11.30 h na aula CeMIT, no edificio Francisco Sánchez. Nesta sesión resolveranse dúbidas legais das persoas participantes, arraigamentos, reagrupamento familiar, modificacións, renovacións e competencias clave para iniciar trámites administrativos.   

 A segunda será sobre a obtención da nacionalidade española de 12 h a 13.30 h tamén na aula CeMIT, no edificio Francisco Sánchez. Nesta sesión explicarase o concepto e normativa aplicable, vías de acceso e requirimentos legais, exames, nacionalidade española por residencia, e competencias clave para iniciar trámites administrativos.   

 Ambas sesións van dirixidas a persoas migrantes en situación de vulnerabilidade e/ou risco de exclusión social. As prazas son limitadas, polo que é preciso inscribirse previamente nos Servizos Sociais do Concello de Tui.   

 Accem é unha organización non gubernamental e sen ánimo de lucro que se dedica á atención e acollida de persoas en situación de vulnerabilidade, especialmente refuxiadas, migrantes e persoas en risco de exclusión social. Accem imparte estas formacións a través do programa Gadea, de asesoramento técnico especializado no ámbito xurídico e social.

Ningún comentario:

Publicar un comentario